VIMBIO PRESENTA LAS PRIMERAS FECHAS DE “COMEZA O XOGO” SU PRIMERA GIRA
DURANTE LOS PRIMEROS MESES DE 2026 LA BANDA DE RAP METAL ACTUARÁ EN SALAS DE FERROL, MELIDE, SANTIAGO DE COMPOSTELA, VIGO Y A CORUÑA.
LAS ENTRADAS ESTÁN YA A LA VENTA EN ENTERTICKET.ES
EL VIERNES 19 PUBLICARÁN NUEVO SENCILLO Y PRÓXIMAMENTE ANUNCIARÁN NUEVAS FECHAS DE LA GIRA
A escena galega vén con forza: a banda galega de rap metal acaba de anunciar a súa primeira xira, un tour que os levará por varias salas do país para presentar en directo o que será o seu debut discográfico, previsto para comezos de 2026. Baixo o nome “Comeza o Xogo”, o grupo arrincará motores o 7 de febreiro no Pub Gatos de Melide, primeira parada dun calendario que continúa o 21 de febreiro na Casa das Crechas (Santiago), o 14 de marzo no Centro Social Artàbria (Ferrol), o 18 de abril na sala Kominsky (Vigo) e o 2 de maio na Mardi Gras (A Coruña). As entradas para estes cinco primeiros concertos xa están dispoñibles en enterticket.es.
O anuncio chega xusto antes dun novo adianto do disco. O single, titulado “Seres de luz”, verá a luz o 19 de decembro, poñendo o broche final a un 2025 no que a banda deu un salto enorme: novos temas, colaboracións con artistas como Hugo Guezeta ou Nadie González e unha chea de concertos por toda Galicia. Todo apunta a que 2026 será aínda máis grande, co lanzamento do seu primeiro álbum longo, a xira por salas e máis datas que aínda están por revelar.
PRIMEIRAS DATAS DA XIRA “COMEZA O XOGO”
07/02 · Pub Gatos · Melide
21/02 · Casa das Crechas · Santiago
14/03 · Centro Social Artàbria · Ferrol
18/04 · Kominsky · Vigo
02/05 · Mardi Gras · Coruña



